Mentores Barrié para a investigación
Mentores Barrié para a investigación
Mentores Barrié para a investigación é a rede de mentoring da Fundación Barrié especializada no desenvolvemento da carreira investigadora.
O mentoring é unha ferramenta destinada a desenvolver o potencial das persoas, baseada na transferencia de coñecementos e a aprendizaxe a través da experiencia.
Unha persoa de máis experiencia (mentor) guía, axuda e orienta a outra (mentee ou mentorizado) a desenvolver o seu talento para aplicalo en todas as situacións da súa vida persoal e profesional obtendo os mellores resultados e acadando os obxectivos propostos.
Formada principalmente por investigadores sénior pero tamén por outros profesionais, directivos, e empresarios, que actúan como mentores de investigadores vencellados coa Fundación por algún dos seus proxectos formativos.
A Fundación, como xestora da rede, selecciona os mentores, dálles a formación necesaria e avalía os procesos de mentoring.
A Fundación Barrié conta cunha metodoloxía propia onde a clave está na profesionalización dos mentores e a organización, seguimento e avaliación dos procesos de mentoring.
Preténdese con iso reforzar e complementar as accións formativas que a Fundación realiza para o desenvolvemento da carreira profesional de investigadores, incluíndo os programas de bolsas para investigadores e a formación en competencias (tales como os GRADschool, ou os programas de liderado en investigación).
CONTIDOS RELACIONADOS