Estudo da Epidemioloxía Xenética da Artrose
No ano 2002, a Fundación Barrié suscribiu un convenio coa Universidade de Santiago para o estudo da Epidemioloxía xenética da artrose: estudo con microarrays da asociación de polimorfismos (SNPs) en xenes candidatos con artrose de cadeira e xeonllo. Este proxecto permitiu identificar os xenes que predispoñen a padecer artrose de cadeira e xeonllo e a desenvolver as medidas preventivas e paliativas oportunas.
Salienta a relevancia social deste estudo, xa que a artrose é unha enfermidade de causa descoñecida, mais cunha incidencia crecente en persoas de idade; non en van máis dun terzo dos individuos maiores de 80 anos padécena. No ámbito galego ten unha notable incidencia ante o acusado envellecemento poboacional que se está a experimentar; de aí o interese que tivo este proxecto.
Equipo investigador:
- Ángel Carracedo Álvarez: Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela
- Juan Gómez-Reino Carnota: xefe do servizo de Reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario desta cidade.
CONTIDOS RELACIONADOS