Programa Diana

Programa Diana de Investigación Farmacoxenética

O Programa Diana Fundación Pedro Barrié de la Maza-USC, creado mediante convenio de colaboración entre a Fundación, a Universidade de Santiago e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, é a máis firme aposta ata a data por liderar desde Galicia a investigación en farmacoxenética en Europa e polo desenvolvemento da “medicina á carta”: avanzar na predición de resposta de cada paciente aos fármacos e personalizar ao máximo os tratamentos coa finalidade de mellorar a súa eficacia e reducir o seu custo social.
 
Da contía de 1.300.000 euros dotada en exclusiva pola Fundación para o programa, 400.000 euros dedícanse a investimento en investigadores a través de bolsas en residencia, contratos e bolsas de mobilidade. O equipo do programa está composto por máis de 100 investigadores, entre coordinadores, colaboradores, técnicos e bolseiros, así como 80 médicos implicados na recollida de datos clínicos en todos os hospitais públicos galegos. Diríxeo o doutor Ángel Carracedo, coordinador do grupo de medicina xenómica da Universidade de Santiago e director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.               

CONTIDOS RELACIONADOS