Real Asociación Amigos do Museo Reina Sofía

A VIOLENCIA E O SAGRADO NA ARTE CONTEMPORÁNEA

Ciclo de conferencias en colaboración coa Real Asociación Amigos do Museo Reina Sofía

Por segundo ano consecutivo a Fundación Barrié organiza este ciclo de conferencias en colaboración coa Real Asociación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía co obxectivo de contextualizar e achegar diferentes aspectos da arte contemporánea á sociedade galega así como fomentar o entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional.

Con este curso trátase de analizar non só as orixes míticas e máxico-relixiosas perdurables na arte contemporánea, senón tamén a súa moi diversa interpretación por parte dos máis conspicuos representantes das vangardas do século XX e da actualidade.

En efecto, desde Kandinsky, Klee, Denis, Matisse, Picasso, Mondrian, Chagall, Rouault, Malevich, etc., ata Warhol, Beuys, Tàpies, Spencer, Bacon, Rothko, Newman, Turrell, Kapoor ou Bill Viola, se falamos de artistas plásticos; pero tamén de Stravinski a Messiaen, se o facemos de grandes compositores musicais; de Gaudí a Le Corbusier, en arquitectura; ou, en fin, de Dreyer a Rosellini, Bergman, Tarkovski, Malick, Cronenberg ou Sokurov no cinema...., encontrámonos cun ricaz manancial de reinterpretacións do sagrado na nosa época, aínda que non por iso os artistas que o acometen sexan crentes no senso relixioso tradicional. Polo demais, non esquezamos que unha das correntes vangardistas máis amplas e influentes do século XX, a do surrealismo, abordou o asunto desde múltiples perspectivas.

Pensamos, polo tanto, que profundar neste tema pode resultar moi interesante, se se fai ademais a través de figuras senlleiras e obras moi significativas, presentadas polos mellores especialistas; mais tamén se enriquece desde a perspectiva da secularizada sociedade contemporánea, que, tendo “encriptado o sagrado”, cada vez sabe recoñecelo menos.

Francisco Calvo Serraller
Director do Ciclo

PROGRAMA CICLO DE CONFERENCIAS

Auditorio Fundación Barrié
Cantón Grande, 9
15003 A Coruña
 
20.00 horas
 
Entrada libre. Aforo limitado

Xoves 12 de abril
Picasso: a sacralización da vida
Francisco Calvo Serraller
 
Mércores 25 de abril
Antoni Gaudí: arquitectura, relixión, revolución e iconoclastia
Juan José Lahuerta
 
Xoves 10 de maio
Crash: o sacrificio mecánico. De Warhol a Cronenberg
Félix de Azúa
 
Xoves 24 de maio
Os dous hemisferios do sagrado: Bill Viola e Anish Kapoor
Marga Paz

CONTIDOS RELACIONADOS