  |
A Fundación Pedro Barrié
de la Maza é unha entidade sen ánimo de lucro
ó servicio do desenvolvemento de Galicia desde unha perspectiva
global. Con sede en España, leva a cabo un labor de raíces
galegas e alcance internacional nos ámbitos da educación,
investigación, cultura e servicios sociais.
Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, creou a Fundación
en 1966, declarándoa a súa herdeira universal. Banqueiro,
empresario e impulsor de grandes iniciativas, dedicou a súa
vida (1888-1971) a traballar polo progreso económico, social
e cultural de Galicia, a súa terra. Este obxectivo converteríase
no impulso motriz da Fundación.
Presidida desde 1971 pola súa viúva, Carmela Arias y
Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa, a Fundación
dispón dun patrimonio en torno a 1.500 millóns de euros.
Na súa carteira de valores destaca a alta participación
no Banco Pastor, do cal cun 41,14% é o seu principal accionista.
Desde a súa creación e ata o ano 2006 a Fundación
dedicou 268 millóns de euros ó cumprimento da súa
misión.
|
 |
|