 |
Corenta anos é unha vida curta para unha Fundación
que naceu cun ímpeto, chea de ganas de servir á sociedade
en ámbitos moi diversos. A Fundación traballou sen
perder de vista o interese polo desenvolvemento de Galicia que inspirou
ó seu creador, Pedro Barrié de la Maza. A visión
de futuro no económico, o social e o cultural que caracterizou
toda a súa obra impulsou á Fundación a anticiparse
ás necesidades dunha sociedade cada vez máis global.
Neste afán renóvase cada día desde 1966 o noso
compromiso por definir demandas insatisfeitas e ofrecer solucións
alternativas.
A aposta da Fundación por Internet,
iniciada en 1995, responde a ese esforzo permanente por adiantarse
ás cambiantes esixencias da sociedade. Nunha comunidade global
onde as novas tecnoloxías da información constitúen
a cerna, a Fundación manifesta así a vontade de facer
chegar a súa acción transformadora a sectores cada
vez máis amplos. Internet é tamén unha ventá
cara á forza de renovación que supón o contacto
constante coas xeracións máis novas. A colaboración
entusiasta neste proxecto dos bolseiros da Fundación é
a mellor proba de que temos dado un paso máis no noso compromiso
co futuro.
Carmela Arias y Díaz
de Rábago
Condesa de Fenosa
Presidenta da Fundación
Pedro Barrié de la Maza
|
 |
 |