Patrimonio Vivo > Programa


PROGRAMA CATEDRAL SANTIAGO

O Programa Catedral de Santiago de Compostela supón a intervención de maior relevo realizada ata a data na basílica e contempla o desenvolvemento dos proxectos de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno e das pinturas murais da Capela Maior, así como a ordenación dos Museos Catedralicios. Trátase dunha intervención plurianual de alcance internacional, deseñada e acometida polo Arcebispado de Santiago e o Cabido da Catedral, co apoio exclusivo da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que promove o Programa e o financia con 3.000.000 euros no marco do seu tradicional compromiso coa recuperación do patrimonio cultural e histórico de Galicia.

O desenvolvemento dos proxectos foi adxudicado, nun concurso internacional por convite ao que concorreron os principais especialistas europeos, a equipos multidisciplinares compostos por profesionais especializados que traballan baixo unha única dirección técnica.

A conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno responde a unha formulación integral que pivota sobre o principio de respecto máximo á obra cumio do Románico europeo. Para permitir o desenvolvemento dos traballos, o Pórtico foi arrodeado por unha estada que se adapta á súa estrutura, formas e delicados requisitos de conservación. Esta estrutura facilita a imprescindible monitorización permanente do conxunto durante a intervención, que comprende sucesivas etapas de estudos previos, elaboración e implementación dun plan de conservación preventiva; redacción do proxecto de intervención e a fase final de restauración dos seus elementos escultóricos e polícromos.

Para acceder á páxina web do Programa Catedral pique aquí

DESCARGA NOTAS DE PRENSA

Comunicado Catedral 14 julio 2010
fin estudios previos + fecha retirada andamio

 

GALERIA