Carta de Referencia

   



Carta de Referencia



Formulario de solicitud




Bolsas e Bolseiros > Convocatorias > Europa

BOLSAS POSGRAO ESTRANXEIRO 2008

ESTADOS UNIDOS

UNIÓN EUROPEA (agás España)

ASIA

  • Máster
  • Doutoramento
  • Estadas de investigación posdoutoral

A Fundación Pedro Barrié de la Maza realiza esta convocatoria co obxectivo de identificar e apoiar a mozos e mozas titulados universitarios vinculados a Galicia que teñan un proxecto académico, investigador ou profesional claro e de interese para a comunidade, e que estean altamente motivados para facelo realidade mediante programas de formación de posgrao ou estadas de investigación nos mellores centros educativos e investigadores do mundo.

A Fundación Pedro Barrié de la Maza procura licenciados/máster/doutores con excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional, dominio da lingua de traballo no centro de destino, vinculación a Galicia e un proxecto claro e con potencial de retorno social.

A Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrece 32 bolsas de estudos para a realización de:

  • Programas de máster (18 meses máximo), doutoramento (27 meses máximo) ou realización de estadas de investigación posdoutoral (entre 12 e 18 meses)
  • Nos mellores centros académicos e investigadores dos Estados Unidos, a Unión Europea (agás España) e Asia (máster, preferentemente MBA)

A Fundación Pedro Barrié de la Maza proporciona aos seus bolseiros de posgrao no estranxeiro os seguintes servizos:

  • asignación mensual, gastos de matrícula, transporte e seguro
  • xestión do proceso de solicitude e asesoramento integral durante a bolsa de estudos
  • a rede de coñecemento e apoio da súa Asociación de Boseiros, con máis de 600 asociados

Con eses obxectivos a Fundación convoca esta décimo novena edición do programa de bolsas de posgrao no estranxeiro, na que introduce dúas innovacións: a ampliación a proxectos de investigación posdoutoral noutros países da Unión Europea e nos Estados Unidos, e a programas de máster
- preferentemente MBA - en centros de prestixio de Asia.

PRAZO DE SOLICITUDE
15 de xaneiro- 31 de marzo 2008

ESTADOS UNIDOS

UNIÓN EUROPEA (excepto España)

ASIA

10 bolsas

20 bolsas

2 bolsas

  • Máster ata 18 meses
  • Doutoramento ata 27 meses
  • Estadas de investigación posdoutoral entre 12 e 18 meses
  • Máster ata 18 meses, preferentemente MBA
  • 1.800 $ USA mensuais netos para máster
  • 1.900 $ USA mensuais netos para doutoramento
  • 2.000 $ USA mensuais netos para estadas de investigación posdoutoral
  • Emisión da documentación requirida para a obtención do visado do bolseiro e dalgún posible familiar ao seu cargo.
  • 1.600 € mensuais netos para máster
  • 1.700 € mensuais netos para doutoramento
  • 1.800 € mensuais netos para estadas de investigación posdoutoral.
  • 1000 € mensuais netos
  • Importe anual equivalente a unha mensualidade para gastos de instalación, material, seminarios, etc.
  • Gastos de inscrición, matrícula e seguimento no centro de destino durante a duración da bolsa.
  • Viaxe ida/volta por curso académico, avión clase turista dende lugar de residencia ata centro de destino
  • Seguro de accidente e enfermidade. Nos países da UE complementará aos existentes vía convenios da Seguridade Social
  • Asesoramento da Asociación de Bolseiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que conta con máis de 600 membros entre os antigos bolseiros de estudos universitarios e posgrao da Fundación
  • Orientación e tramitación da admisión para aqueles candidatos de EE.UU. (en colaboración co Institute of International Education-IIE de Nova York) ou UE (en colaboración co Asesoramento de Estudos no Estranxeiro, S.A.-ASTEX) que non conten con ela. Os candidatos ás bolsas asiáticas deberán contar cunha admisión no centro escollido no momento da entrevista persoal de selección

BASES

CONDICIÓNS XERAIS

1. Comezo do gozo das bolsas de estudos

  • Curso 2008/2009: para aqueles candidatos que dispoñan de admisión nun centro de prestixio para devandito curso.
  • Curso 2009/2010: para aqueles que non teñan resolta a admisión. .

2. Condicións dos candidatos

a) Persoais:

  • Candidatos con traxectorias de excelencia e altamente motivados para completar un proxecto de formación de posgrao ou de investigación claro e de impacto social.
  • Nados a partir do 1 de xaneiro de 1972.
  • Seren galegos, fillos de pai ou nai galegos, residir en Galicia como mínimo dende o 1º de xaneiro de 2005; ou ter realizado os estudos universitarios nalgunha das tres universidades galegas sempre que se dispoña da nacionalidade española.
  • Non afecta aos solicitantes o seu estado civil. Se o candidato está casado indicará se o acompañará o seu cónxuxe (a bolsa de estudos non cobre os gastos do cónxuxe)..

b) Académicas

  • Bo expediente académico.
  • Dominio da lingua de traballo do centro de destino, acreditado mediante certificado emitido por unha institución recoñecida por aquel.
  • Ter rematada a licenciatura ou realizar o derradeiro ano de carreira durante o curso 2007/2008, debendo xustificar o remate dos seus estudos antes do 20/09/2008, agás para carreiras técnicas con proxecto fin de carreira cuxo prazo se amplía ata o 1/1/2009. Os candidatos a estadas de investigación posdoutoral deberán ter obtido o título de doutor con posterioridade ao 31/1/2005.
  • Aceptaranse solicitudes de candidatos con diplomaturas universitarias que non teñan segundo ciclo e que acrediten a posibilidade de admisión nos programas de posgrao escollidos.
  • Aceptaranse solicitudes de candidatos con titulacións universitarias estranxeiras validadas, en proceso de validación ou recoñecidas pola universidade española.
  • Darase prioridade aos candidatos que non realizasen con anterioridade ou estean a realizar programas semellantes aos que solicitan. Os solicitantes deberán facer constar as bolsas de estudos solicitadas, concedidas ou gozadas durante os dous cursos anteriores e os dous seguintes ao momento da solicitude.


3. Campos para os que se pode solicitar a bolsa de estudos

  • A convocatoria está aberta a todas as áreas de coñecemento, aínda que se dará prioridade aos proxectos que se consideren de maior impacto potencial para Galicia.


DOCUMENTACIÓN

1. Formulario de solicitude e modelo de cartas de referencia.

  • Poden obterse na web www.fbarrie.org, nos teléfonos 981 060 095 / 986 110 222, ou nas sedes da Fundación na Coruña e Vigo. Unha vez cumprimentado e asinado o formulario enviarase co resto da documentación a calquera das sedes da Fundación antes do 31 de marzo de 2008. Non se aceptará documentación complementaria con posterioridade a devandita data. No caso de que o candidato non fose seleccionado, se lle devolverá a súa documentación, agás as cartas de referencia, previa solicitude da mesma ata o 31/12/2008, data a partir da cal se destruirá.

2. Documentación complementaria (deberase entregar sen encadernar)

  • DNI. Fotocopia.
  • Fotografías. 4 tamaño carnet, recentes e iguais.
  • Vinculación con Galicia. Documento compulsado que acredite ser galego, fillo de galegos ou residente en Galicia (DNI, libro de familia ou certificado de empadroamento).
  • Expediente académico. Orixinal ou fotocopia compulsada de certificación dos estudos universitarios realizados que inclúa todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas (incluír plan de estudos ao que pertence). No caso de titulacións universitarias estranxeiras valorarase positivamente a validación ou recoñecemento do seu título en España. Engadir unha folla informativa que recolla a equivalencia das cualificacións co sistema español.
  • Título. Fotocopia compulsada ou resgardo acreditativo do abono de taxas para a súa emisión (agás para os que rematan estudos no curso 2007/2008).
  • Idioma. Fotocopia compulsada do resultado do certificado que acredite o coñecemento do idioma de traballo do centro de destino. O TOEFL, cunha puntuación de 260 no Computer Based (105 Internet Based), é o único certificado aceptado para EE UU. Para realizar estudos impartidos en inglés en centros europeos deberán aportar algún dos seguintes exames: TOEFL (260/105), IELTS (7) ou certificado Proficiency da Universidade de Cambridge.
  • Cartas de referencia. Subscritas por profesores universitarios ou supervisores do labor profesional ou investigador dos solicitantes, deberán ser enviadas directamente á Fundación polos asinantes antes do 31 de marzo de 2008. Para a convocatoria de EE UU deberanse adxuntar tres ou máis cartas de referencia, mentres que para Europa son suficientes dúas. As cartas de referencia, dado o seu carácter confidencial, non se entregarán aos candidatos non seleccionados que soliciten a devolución da súa documentación dentro do prazo establecido, senón que serán destruídas pola Fundación. No caso dos candidatos seleccionados, a Fundación Pedro Barrié de la Maza advirte que non pode garantir a confidencialidade das cartas de referencia unha vez se incorporan aos expedientes das entidades colaboradoras dos programas de bolsas de estudos (IIE, Astex) ou das propias universidades nas que se solicite a admisión.
  • Memoria. Cunha extensión máxima de cinco caras de DIN-A4, detallando o proxecto a realizar. É moi importante indicar de maneira concreta e detallada os obxectivos académicos ou investigadores que se pretende acadar (plan de estudos, proxecto investigador) e o prazo de tempo necesario para os lograr. Valoraranse especialmente as memorias nas que o solicitante faga constar de que maneira o seu proxecto reverterá á sociedade galega e o seu compromiso persoal ao respecto.
  • Curriculum vitae breve (máximo dos folios).
  • Méritos. Só se incluirán no formulario de solicitude os méritos que se poidan xustificar documentalmente (traducir ao castelán se o orixinal está noutro idioma)
  • Admisión. Se o candidato tena resolta nalgún centro do seu interese no momento de presentar a solicitude, deberá adxuntar fotocopia da carta de aceptación.

3. Requisitos específicos dos estudos de administración de empresas (MBA)

  • Os candidatos a realizar un Máster de Administración de Empresas (MBA) deberán aportar un certificado da empresa (ou empresas) onde traballasen, acreditando o tipo de traballo realizado, cargo e período de permanencia; que non poderá ser inferior a dous anos con dedicación exclusiva.

4. Requisitos específicos das disciplinas artísticas

A.- Música:

  • Título de profesor superior de música.
  • Os candidatos a estudos de interpretación aportarán a gravación recente dunha actuación individual ou suficientemente destacada de boa calidade, en formato DVD, cunha duración de entre 20/30 minutos e con indicación do repertorio

B.-Pintura, escultura, deseño, arte dramática, fotografía e cine:

  • Titulación universitaria acorde e/ou experiencia ou formación específica acreditadas nestes campos.
  • Portfolio significativo do seu traballo, indicando data, técnica empregada e tamaño; para arte dramática (interpretación) un DVD cun proxecto persoal recente, de entre 15/20 minutos, con indicación de data e fragmentos representados; para cine un DVD cunha mostra do seu traballo acompañado de ficha técnica completa.


PROCESO DE SELECCIÓN

1. Órganos de selección

  • A selección será realizada por un comité nomeado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, que lle propoñerá a listaxe de bolseiros. A decisión da Fundación será inapelable. A presente convocatoria poderá ser declarada deserta para todas ou algunha das bolsas de estudos convocadas.

2. Probas de selección

  • Examinadas todas as solicitudes presentadas, convocarase aos preseleccionados a unha entrevista persoal co Comité de Selección na que, ademais de analizar a súa traxectoria académica, profesional ou investigadora, valoraranse o alcance e coherencia do proxecto que formula. A entrevista será imprescindible para optar á bolsa e non poderá ser substituída por ningunha outra proba.

3. Nomeamento de candidatos

A Fundación dará a coñecer durante o segundo trimestre de 2008, a través da súa páxina web www.fbarrie.org, a relación de candidatos seleccionados para bolsa de estudos.


CONCESIÓN DA BOLSA DE ESTUDOS

1. Condicións suspensivas

  • Os bolseiros que rematen estudos durante o curso 2007/2008 ou que estean pendentes do resultado do exame de idioma estranxeiro, deberán aportar as certificacións correspondentes antes do 20 de setembro de 2008.
  • A bolsa de estudos considerarase concedida en firme cando o candidato fose admitido por un centro de máximo prestixio do seu interese. Os bolseiros deberán informar de calquera admisión en firme ou en trámite en centros do seu interese.
  • Todos os candidatos seleccionados para EE UU deberán obter antes do 31 de decembro de 2008 o exame GRE - General Test ou GMAT (segundo especialidade) e os enxeñeiros terán que realizar ademais o GRE - Subject test in Engineering.
  • Dada a diversidade de criterios de admisión das universidades europeas, é posible que algúns bolseiros ademais do exame de idioma requirido para a adxudicación da bolsa de estudos, deban aprobar algún outro específico para a admisión no centro elixido.


2. Obrigas do bolseiro

  • Comunicar a aceptación da bolsa por escrito e recoller persoalmente a acreditación como bolseiro.
  • Realizar os estudos previstos segundo a solicitude presentada e con dedicación exclusiva e a tempo completo.
  • Manter contacto regular tanto coa Fundación como co IIE ou co ASTEX e enviarlles de maneira rápida información sobre evolución e resultados dos seus estudos, acreditada pola universidade correspondente, e calquera outra que soliciten.
  • Gozar única e exclusivamente da bolsa da Fundación durante o período da concesión. Existirá por tanto incompatibilidade con empregos como asalariado/autónomo, outras axudas públicas ou privadas, concesións parciais, adiantos de empresa, etc., coincidentes no tempo.
  • Regresar a España e manter unha vinculación con Galicia unha vez rematados os seus estudos. O visado que se concede aos bolseiros de Estados Unidos non lles autoriza a solicitar residencia alí.
  • No caso de incumprimento dos compromisos contraídos polos bolseiros de acordo con estas bases e coas normas que se poidan establecer, a Fundación resérvase o dereito a proceder como estime oportuno, mesmo esixindo a devolución das cantidades recibidas.
ANEXOS
I) INFORMACIÓN SOBRE EXAMES DE IDIOMAS E OUTROS CERTIFICADOS

TOEFL
((Obrigatorio para EEUU)
GRE - GMAT

IELTS

Proficiency da Universidade de Cambridge

www.toefl.org

www.gre.org

www.gmat.org

www.ielts.org

www.britishcouncil.es

www.cambridge.esol.org/spain/


FRANCIA

ALEMANIA

ITALIA

DALF (Diplome Approfondi de Langue Française)

  Z.M.P.
  K.D.S.
www.goethe.de

www.goethe.de/wm/bar

 

CEIL/*CILS
Universidades de Siena y Perugia
www.iicmadrid.com

 

Fundación Pedro Barrié de la Maza
Programas de Bolsas de estudos
Cantón Grande, 9-5º
15003 - A CORUÑA
Policarpo Sanz nº 31,
36202 -Vigo


Telf: 981 060 095
Fax: 981 224 448

Telf.: 986 110 222
Fax: 986 110 225


e-mail: becas@fbarrie.org
 www.fbarrie.org